Pintamonas

QUEN SOMOS?

Esta idea naceu ao mesmo tempo que nacía unha nova vida. Naceu das ganas e da ilusión de crear un espazo único na vila onde toda a familia poida compartir experiencias e sensacións. Buscabamos ter no Ribeiro un local acolledor e orixinal como punto de encontro para as familias e a xuventude e, desta idea, naceu Pintamonas.

QUE É PINTAMONAS?

Pintamonas é un lugar único na vila que busca ser un espazo onde pequenos e maiores poidan compartir o seu tempo de lecer e gozar das súas actividades favoritas. Na contorna rural non existe ningún tipo de oferta programada para que os nenos poidan aproveitar o seu tempo libre xogando e divertíndose. 

Así mesmo, Pintamonas serve de punto de encontro para adultos, sobre todos pais e nais  que queren compartir tempo e experiencias con outros adultos na mesma situación á vez que realizan actividades cos seus fillos. Por iso creamos  unha oferta de xogos e unha cafetería que se complementan con servizos de merendas, obradoiros didácticos para nenos e pais, ademais de xogos interactivos onde uns e outros poderán participar.

Nuestro local

A NOSA CAFETERÍA

Na cafetería de Pintamonas queremos que te sintas como na túa casa. Ofrecémosche un local climatizado e agradable para que goces da túa consumición e dun momento de relax. Todo o mundo é benvido, de 0 a 100 anos (ou máis por suposto), xa sexa a tomar un descansiño ou xogar a calquera dos xogos de mesa que temos á vosa disposición. Cremos que é importante aproveitar o tempo libre ca nosa familia e amigos, e é por iso que na nosa cafetería poñemos á vosa disposición un amplo abano de xogos de mesa e videoxogos e, como non, a prensa diaria. Se ademais tes un pequeno de dous anos ou menos, poderá facer uso dun parque exclusivo, un recuncho pensado para eles e para que ti poidas relaxarte sen perdelo de vista en ningún momento.

E non nos esquecemos de todos aqueles aos que lle gusta xogar os videoxogos: achégate a xogar unha partidiña e toma algo con nós!

Como vedes,  divercafé Pintamonas é un espazo adaptado a todo aquel que queira vir e pasar un anaco agradable e divertido. Estamos agardando por vós!

Zona de Juegos

ZONA DE XOGOS

En Pintamonas contamos cun espazo único na vila e arredores. Calquera cativo pode vir a xogar ao noso parque de bolas -os menores de 2 anos sempre baixo a supervisión dun adulto-. Nel gozarán non só do espazo, senón tamén da compañía doutros cativos, e poderán xogar sen parar facendo voar a súa imaxinación, creando as súas fantasías...

Un espazo amplo cheo de xoguetes para compartir, aprender, crear, estimular, xogar... e que se sintan libres. Libres para correr aquí e alá, para ler un conto, para xogar cun quebracabezas, facer un bonito debuxo, escoitar música, tirarse no tobogán do parque de bolas, interactuar con outros semellantes...

Se o que queres é facer unha festa polo teu aniversario, non o dubides: ven a celebralo con nós! Propoñerémosche as ideas máis orixinais para que sexa unha festa divertida e inesquecible.

Obradoiros

OBRADOIROS

Contar cun lugar onde desconectar e relaxarse con xogos e actividades para toda a familia é moi importante, pero tamén o é que os nenos teñan á súa disposición actividades que lles permitan, á vez que se divirten, interactuar cos seus compañeiros, estimular a súa imaxinación e coordinación… 

Tamén buscamos que os pais e as nais poidan divertirse con eles e, sobre todo, pasar momentos xuntos creando momentos máxicos e inesquecibles. Queremos que Pintamonas sirva para que lle saquedes o máximo partido ao tempo en familia: pais, nais, fillos, fillas, avós, tías…

Agardámosvos en divercafé Pintamonas, a vosa casa!