¡Os teus fillos divertiranse e ti tamén!
Pintamonas é un lugar único na vila que busca ser un espazo onde pequenos e maiores poidan compartir o seu tempo de lecer e gozar das súas actividades favoritas. Na contorna rural non existe ningún tipo de oferta programada para que os nenos poidan aproveitar o seu tempo libre xogando e divertíndose.
Así mesmo, Pintamonas serve de punto de encontro para adultos, sobre todos pais e nais que queren compartir tempo e experiencias con outros adultos na mesma situación á vez que realizan actividades cos seus fillos. Por iso creamos unha oferta de xogos e unha cafetería que se complementan con servizos de merendas, obradoiros didácticos para nenos e pais, ademais de xogos interactivos onde uns e outros poderán participar.
Na cafetería de Pintamonas queremos que te sintas como na túa casa. Ofrecémosche un local climatizado e agradable para que goces da túa consumición e dun momento de relax.Todo o mundo é benvido, de 0 a 100 anos (ou máis por suposto), xa sexa a tomar un descansiño ou xogar a calquera dos xogos de mesa que temos á vosa disposición. Cremos que é importante aproveitar o tempo libre ca nosa familia e amigos, e é por iso que na nosa cafetería poñemos á vosa disposición un amplo abano de xogos de mesa e videoxogos e, como non, a prensa diaria. Se ademais tes un pequeno de dous anos ou menos, poderá facer uso dun parque exclusivo, un recuncho pensado para eles e para que ti poidas relaxarte sen perdelo de vista en ningún momento.
E non nos esquecemos de todos aqueles aos que lle gusta xogar os videoxogos: achégate a xogar unha partidiña e toma algo con nós!
Como vedes, divercafé Pintamonas é un espazo adaptado a todo aquel que queira vir e pasar un anaco agradable e divertido. Estamos agardando por vós!
Un espazo único na vila onde desfrutar de parque de bolas e de xogo libre, con vixilancia continuada para a seguridade d@s cativ@s e a tranquilidade e confianza d@s adult@s.
Contar cun lugar onde desconectar e relaxarse con xogos e actividades para toda a familia é moi importante, pero tamén o é que os nenos teñan á súa disposición actividades que lles permitan, á vez que se divirten, interactuar cos seus compañeiros, estimular a súa imaxinación e coordinación…
Tamén buscamos que os pais e as nais poidan divertirse con eles e, sobre todo, pasar momentos xuntos creando momentos máxicos e inesquecibles. Queremos que Pintamonas sirva para que lle saquedes o máximo partido ao tempo en familia: pais, nais, fillos, fillas, avós, tías…
Agardámosvos en divercafé Pintamonas, a vosa casa!
Visítanos en:
Achégache ao noso local ou escríbenos
ou través do noso formulario...
Contacto